🐾 Clases de Agility en Mascoguau
Tres formatos para adaptarnos ao que precisades ti e o teu can:
🔹 Clases individuais
Un día á semana · 1 hora
Traballo totalmente personalizado, ideal para mellorar aspectos concretos, iniciar con seguridade ou avanzar máis rápido.
🔹 Clases en grupo – 1 día á semana
Sesións dinámicas e divertidas, perfectas para aprender nun ambiente social e motivador. Grupos reducidos para garantir atención de calidade.
🔹 Clases en grupo – 2 días á semana
Para quen queira progresar máis, consolidar habilidades e aumentar fluidez nos percorridos. Máis práctica, máis ritmo, máis diversión!
En todas as modalidades traballamos cun enfoque amable, seguro e pensado para reforzar a confianza e a comunicación co teu compañeiro 🐶💛
Pide info e escolle a opción que mellor encaixe convosco!



