🐾 Novas instalacións en funcionamento en Mascoguau 🐾
En Mascoguau xa temos as nosas novas instalacións totalmente operativas no concello de Teo, na zona da Revolta (Guldrís), un espazo pensado para ofrecer un traballo de calidade, seguro e adaptado ás necesidades de cada can e da súa familia.
Contamos con dúas pistas de agility e unha pista de educación canina, deseñadas para traballar tanto a aprendizaxe como o deporte canino nun entorno amplo e tranquilo. Ademais, dispoñemos dunha carpa cuberta, que nos permite garantir que as clases de educación canina se realicen con normalidade mesmo nos días de choiva.
Seguimos apostando por unha educación canina amable e en positivo, nun lugar axeitado para aprender, mellorar a convivencia e desfrutar do tempo co teu can.
👉 Agardámosvos a todas e a todos nas nosas novas instalacións en Teo para seguir medrando xuntos e acompañarvos no proceso educativo dos vosos cans.









