Educación canina

Entender para avanzar 🐾

En Mascoguau non buscamos simplemente cambiar unha conduta.

Queremos entender o teu can, coñecer as súas necesidades e axudarvos a avanzar xuntos cunha educación amable e personalizada.

Logo mascoguau

Non son Simplemente clases

Cada proceso comeza coñecendo o teu can e o seu contexto. Por iso realizamos unha anamnesis e valoración inicial e, a partir de aí, deseñamos un traballo adaptado ás vosas necesidades.
As sesións son individuais e personalizadas, pero o proceso non remata cando termina a hora de clase.

Coñecemos
 

Anamnesis e valoración

Coñecemos a historia, contexto e necesidades do teu can antes de establecer o traballo.

Adaptamos

Sesións individuais

Cada sesión está adaptada ao teu can, ao seu ritmo e ás situacións que necesitades traballar.

Continuamos

Aula Virtual

Terás acceso a materiais e recursos para seguir traballando entre sesións.

Seguimos

 

Seguimento personalizado

Despois de cada sesión recibirás un recordatorio co traballo realizado e as pautas para continuar na casa.

Logo Mascoguau

O traballo continúa despois da clase

Sabemos que durante unha hora falamos de moitas cousas. Por iso, despois de cada sesión recibirás unha ficha de seguimento personalizada co traballo realizado e as pautas para continuar na casa.

Como funciona?

  • Coñecemos o caso

    Anamnesis e valoración inicial.

  • Establecemos os obxectivos

    Definimos que necesitamos traballar e como facelo.

  • Traballamos xuntos

    Sesións individuais e personalizadas.

  • Practicades na casa

    Recibides pautas e exercicios adaptados.

  • Revisamos e adaptamos

    Na seguinte sesión valoramos a evolución e axustamos o traballo.

A nosa forma de traballar

En Mascoguau non queremos simplemente tapar as consecuencias. Queremos entender a causa. 🐾

Traballamos desde unha educación amable, baseada no reforzo e no respecto polo can, para descubrir que hai detrás dunha conduta e axudarlle a desenvolver novas ferramentas para afrontar as situacións.

Porque cambiar o que vemos é importante, pero entender por que acontece é o que nos permite avanzar.

Os nosos prezos en educación canina

Prezos hasta o 31 de decembro do 2026

Pack de 3 Clases

3 sesións individuais de 1 hora, adaptadas ao teu can e á situación que estades a vivir

  • Individuais, personalizadas e de duración de unha hora
  • Anamnesis e valoración inicial
  • Ficha de seguimento de cada sesión
  • Pautas para practicar na casa
  • Acceso á Aula Virtual
€ 100

Clase Exprés

Unha sesión individual de 1 hora para situacións puntuais, resolver dúbidas ou ter unha primeira orientación sobre o voso caso

  • Análise da situación e do contexto
  • Orientación adaptada ao teu can
  • Pautas prácticas para comezar a traballar
  • Resolución das túas dúbidas
€ 40

Consulta Online

Unha sesión individual de 1 hora por videollamada para analizar o teu caso, resolver dúbidas e orientar o traballo.

  • Análise da situación
  • Orientación personalizada
  • Resolución de dúbidas
  • Pautas prácticas para aplicar na casa
€ 40

Clases a Domicilio

Levamos o traballo ao entorno habitual do can para poder observar e traballar as situacións no seu día a día.

  • Observación do comportamento no seu entorno
  • Traballo adaptado á situación real
  • Pautas específicas para continuar na casa
  • Orientación sobre o manexo no día a día
€ 50
desde

os nosos prezos en educación canina

Prezos 2027

Pack de 3 Clases

3 sesións individuais de 1 hora, adaptadas ao teu can e á situación que estades a vivir

  • Individuais, personalizadas e de duración de unha hora
  • Anamnesis e valoración inicial
  • Ficha de seguimento de cada sesión
  • Pautas para practicar na casa
  • Acceso á Aula Virtual
€ 120

Clase Exprés

Unha sesión individual de 1 hora para situacións puntuais, resolver dúbidas ou ter unha primeira orientación sobre o voso caso

  • Análise da situación e do contexto
  • Orientación adaptada ao teu can
  • Pautas prácticas para comezar a traballar
  • Resolución das túas dúbidas
€ 50

Consulta Online

Unha sesión individual de 1 hora por videollamada para analizar o teu caso, resolver dúbidas e orientar o traballo.

  • Análise da situación
  • Orientación personalizada
  • Resolución de dúbidas
  • Pautas prácticas para aplicar na casa
€ 50

Clases a Domicilio

Levamos o traballo ao entorno habitual do can para poder observar e traballar as situacións no seu día a día.

  • Observación do comportamento no seu entorno
  • Traballo adaptado á situación real
  • Pautas específicas para continuar na casa
  • Orientación sobre o manexo no día a día
€ 60
desde

Dúbidas sobre cal é a mellor opción para o teu compañeir@?

Non sabes moi ben por onde empezar ou que opción se adapta mellor á vosa situación? 

Escríbenos sen compromisoWhatsApp
Carriño da compra
Scroll ao inicio
Ir o contido
Logo mascoguau
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.