Educacióncanina
Educación, socialización, clases de cachorros e problemas de comportamento
¿Por quéelexirnos?
Canso de métodos de adestramento baseados no medo e na imposición?
En Mascoguau sabemos que a obediencia tradicional non soluciona os problemas, só os tapa.
- Adestramos sen medo nin castigos
- Enfoque personalizado para cada can
- Axudámosche a comprender e conectar co teu amigo peludo
En lugar de corrixir síntomas, traballamos na raíz do problema para lograr un cambio real.
Contacta connosco e descobre unha educación amable e eficaz!
En mascoguau impartimos sesións de educación canina no seu entorno natural. Os nosos programas personalizados proporcionan as habilidades e recursos necesarios para que poidas ter una relación óptima co teu can.
Cremos no uso das recompensas en lugar de castigos para aprender habilidades ou correxir comportamentos non desexados. Ofrecemos servizos de entrenamentos específos que incluen obediencia, axilidade e modificación de comportamento.
A educación do teu can nos seus tres primeiros meses é crucial para o seu desenvolvemento, o vínculo e a prevención do comportamento. En mascoguau asesorarémoste durante este período crítico de aprendizaxe.
Desenvolve as súas habilidades sociais interactuando e xogando con cans e personas, ademáis de familiarizarse co entorno, obxetos, sons e novas situacións que poidan surxir na vida do seu can.
O Agility é moito máis ca un deporte canino: é unha forma divertida e saudable de fortalecer o vínculo co teu can, mellorar a súa obediencia e fomentar a súa autoestima. En Mascoguau ofrecémosche clases de Agility adaptadas a todos os niveis, desde iniciación ata perfeccionamento, nun ambiente positivo, respectuoso e cheo de boas enerxías.
Que é o Agility?
O Agility consiste en guiar ao teu can a través dun circuíto de obstáculos —valos, túneles, pasarelas, rodas…— no menor tempo posible e sen erros, sempre a través da comunicación e a cooperación. Non se trata só de velocidade, senón de traballo en equipo, concentración e diversión.
Beneficios do Agility para o teu can e para ti:
Mellora a comunicación e a conexión emocional entre titor e can.
Estimula física e mentalmente ao can, favorecendo o seu benestar integral.
Aumenta a confianza e a seguridade no can.
Favorece a obediencia de forma natural e divertida.
Axuda a xestionar a enerxía dos cans máis activos ou nerviosos.
Reforza o autocontrol e a capacidade de concentración.
Contribúe á socialización saudable con outras persoas e cans.
A quen van dirixidas as nosas clases?
As clases están abertas a cans de todas as razas e tamaños, sempre que gocen dunha boa saúde física. Adaptamos os exercicios ás necesidades e posibilidades de cada binomio.
Vén probar unha clase e descubre todo o que o Agility pode achegar ao teu día a día con teu compañeiro!
Os nosos prezos eneducación canina
Individuais, personalizadas e de duración de unha hora
100 €Sesión individual e adaptada o teu caso. Unha hora de duración
40€Terás acceso tamén a un aula virtual
40€Unha guía onde aprenderás a entender e a educar o teu cachorro (aula virtual)
20€Reserva na nosa axenda o día e hora que che vaia ben para impartir una sesión de educación canina co teu can.