Mascoguau evoluciona: formación online, tenda e novidades para ti e o teu can
En Mascoguau seguimos medrando para ofrecerche máis facilidades, máis recursos e unha mellor experiencia na educación do teu can. Se es novo/a por aquí… isto interésache 👇
💻 Aula Virtual Mascoguau: aprende ao teu ritmo, dende casa
Aprender co teu can xa non depende do tempo nin do lugar.
Coa nosa aula virtual poderás avanzar paso a paso, con formación práctica, clara e baseada na educación amable e en positivo. Sen fórmulas máxicas, pero con resultados reais que se manteñen no tempo.
🎓 Que atoparás dentro?
📺 Mascoclase: vídeos e recursos exclusivos para reforzar o traballo diario
✔️ Paseos máis tranquilos
✔️ Exercicios de calma
✔️ Comunicación canina
✔️ Hábitos na casa e xestión emocional
🐶 Cursos online sobre comportamento, convivencia e educación
♻️ Contidos actualizados de forma continua
👉 Formación pensada tanto para alumnos de Mascoguau como para calquera persoa que queira mellorar a relación co seu can.
Acceso a Aula Virtual🛍️ A nosa tenda, agora tamén online
Queremos poñercho fácil.
Agora podes consultar toda a nosa selección de produtos directamente na web, ademais de seguir atendéndote na escola ou por WhatsApp.
Non é unha tenda calquera: Traballamos só con produtos que usamos e recomendamos de forma profesional: alimentación, suplementación e accesorios seleccionados con criterio.
🚚 E se non podes vir?
Levámolo a domicilio para que ao teu can non lle falte nada.
Acceso a Tenda📲 Novo canal de WhatsApp: información sen ruído
En Mascoguau sempre hai novidades… e queríamos compartilas contigo dun xeito cómodo e sen saturarte.
Por iso creamos un canal de WhatsApp, moito máis práctico ca un grupo:
✅ Sen mensaxes innecesarias
✅ Privacidade total (ninguén ve o teu número)
✅ Información clara e organizada
✅ Acceso cando queiras, sen perder nada
Únete aquí¡Cóntanos que che pareceu a experiencia! 🗣️
"Ola! Encantaríanos saber a túa opinión sobre o noso traballo. Se estades contentos coa experiencia e co trato recibido, agradeceriámosvos moitísimo unha valoración en Google ⭐⭐⭐⭐⭐
Hoxe en día esas valoracións axudan a pequenos proxectos coma o noso a seguir medrando e a que máis persoas se animen a coñecernos. ✨
É só un minutiño para vós, pero para nós significa un apoio enorme.
Moitas grazas por confiar en Mascoguau e por botarnos unha man! 🙌"
