Clases de Cachorros
Educación amable dende o principio
As primeiras etapas na vida dun can son clave para o seu desenvolvemento emocional, social e cognitivo. Por iso, en Mascoguau ofrecemos clases específicas para cachorros baseadas na educación canina amable e en positivo, respectando sempre o seu ritmo e fomentando unha relación de confianza coa súa familia.
Non nos limitamos a corrixir comportamentos, senón que traballamos para entender e solucionar as causas das condutas indesexadas. Cremos que educar é acompañar, non impoñer.
Que traballamos nestas clases?
Linguaxe e comunicación canina: aprende a entender ao teu cachorro, interpretar as súas sinais e comunicarte con el dun xeito claro e respectuoso.
Socialización segura e positiva: exposición controlada a diferentes persoas, cans, contornos e estímulos.
Prevención de problemas de conduta: xestión do medo, mordidas, saltos, soidade, frustración, etc.
Aprendizaxes básicas: chamada, paseos sen tiróns, manipulación, calma, hixiene…
Fortalecemento do vínculo: xogos, contacto, respecto mutuo …
As nosas clases son prácticas, cercanas e adaptadas ás necesidades de cada cachorro e da súa familia. Acompañámoste para que vivas esta etapa tan especial con seguridade, comprensión e alegría.
Educar con respecto é coidar do seu futuro.
