Educación Canina
En Mascoguau axudámosche a construír unha convivencia feliz e respectuosa co teu can.
Traballamos con métodos amables, baseados no reforzo positivo e adaptados ás necesidades de cada familia.
Que facemos nas nosas clases?
- Ensinamos exercicios básicos: chamada, paseo sen tiróns, xestión da calma…
- Melloramos a comunicación e o vínculo entre ti e o teu can.
- Abordamos problemas de comportamento de forma respectuosa.
- Traballamos a socialización e a xestión emocional.
Como o facemos?
- Sen castigos nin métodos que xeren medo ou dor.
- Cun plan de traballo personalizado tras unha valoración inicial.
- Ofrecendo clases individuais, en grupo ou programas específicos para cachorros, adolescentes e adultos.
En Mascoguau creemos que cada can e cada familia son únicos. ¡Queremos axudarvos a desfrutar do voso día a día xuntos!
